Sunday 28 de April de 2024

Os alumnos de Portofaro reúnen 600 QUILOS de produtos para colaborar coa despensa de alimentos nun festival solidario


Os alumnos do CEIP Portofaro realizaron un festival de música, teatro, recital e baile co que lograron 600 quilos de produtos que doarán á despensa de alimentos da Barcala. Hoxe era o último día lectivo de colexio e aproveitaron para realizar o festival.

A maioría dos produtos son de primeira necesidade, hixiene persoal e aseo, tal e como recomendaron os voluntarios que xestionan a Despensa de Alimentos.

O concello unicamente colaboraró na difusión da actividade e na distribución de caixas para que os alumnos clasificasen os produtos, antes de cedelos á Despensa.

García Patiño desprazouse hoxe ao centro educativo para agradecer a colaboración dos alumnos e asegurou que os escolares cambreses son un “exemplo a seguir do mesmo xeito que os voluntarios de Cambre”.